twitter


Os días 19 e 20 de marzo disputouse na localidade de Padrón o Campionato Galego Individual de Xadrez na categoría benxamín. O noso colexio estivo representado por André Pérez, Luis Posadas, Gäel Cuquejo e Martín González. 
Foros dous días intensos con partidas en horarios de mañá e tarde, e os nosos alumnos disfrutaron moito do evento, xa que ademais de competir fixeron unha chea de novos amigos.




O día 12 de marzo disputouse no Pavillón Municipal de Barbadás o Campionato Galego de Kung-fú nas categorías benxamín e alevín. Neste campionato participaron 9 nenos e nenas do colexio realizando una actuación meritoria. Parabéns aos participantes (Rodrigo, Mateo, Diego, Artur,  Breogán, Damián, Alba María, Olalla e Rodrigo).








O sábado 16 de xaneiro celebrouse en Barrocás o Torneo clasificatorio para o Campionato Galego de Xadrez que se celebrará en Padrón os días 19 e 20 de marzo.
O colexio participou nas categorías sub 8 e sub 12.









Entre o luns 8 e o xoves 11 de xuño en horario de 15:00 a 16:00 horas celebramos no colexio unhas xornadas de portas abertas onde se presentou unha pequena mostra dos traballos realizados nas diferentes actividades extraescolares neste ano 2014-15.